xoves, 30 de abril de 2015

Digo "pim pam pum"

Quim co trío Pim Pam Pum
Digo pim pam pum,
teño unha pistola.

Digo pim pam pum,
que dispara soa.

Digo pim pam pum,
teñoche un révolver
que dispara dobre.

Digo pim pam pum,
que dispara dobre,
que dispara dobre.

Digo pim pam pum,
mírame neniña,
pim pam pum,
que teño insulina.

Digo pim pam pum,
mirade mociñas,
que teño terriñas.

Digo pim pam pum,
mirade neniñas,
que teño ovelliñas.


Quim (4º ESO)

A Az


Noemi (4º ESO) envíanos esta fotografía do letreiro do lugar da Az, situado na parroquia de Ousende (O Saviñao). 

Neste caso, os autores do sinal indicador optaron por reproduciren a forma máis próxima á oralidade, que tende a inserir un fonema epentético entre dúas vogais idénticas para facilitar a pronuncia. É o mesmo fenómeno que encontramos en exemplos como "a ialma, a iauga..." No caso deste topónimo, mesmo chega a perderse a noción de estar composto de artigo máis nome e intégrase o primeiro no segundo, como se fose unha soa palabra.

Podes consultar a páxina de referencia do nomenclátor AQUÍ.

mércores, 29 de abril de 2015

Vaca 3D

A nosa vaquiña (deseñada pola alumna Sara Pérez López) cobrou volume por obra e graza das mans habelenciosas da mestra de Educación Infantil, Ana Martínez (que xeitosiña nos é); así que agora que escapou da rixidez das dúas dimensións xa pode saír pastar no patio. (Onte saíu merendar e comentou que a herba estaba moi boa, no seu punto óptimo de humidade e sabor).

Pero ao noso animal fáltalle unha cousa: o nome. 
Vai pensando cal lle acaería, porque pronto a inscribiremos no rexistro de vacas fantásticas co nome que escollamos entre tod@s. Dálle ao caletre na procura dun nome galego que a identifique coas peculiaridades do noso centro e do noso lugar no mundo.

A nosa vaca, fotografada onte no patio do CPI Dr. López Suárez,  á hora da merenda

luns, 27 de abril de 2015

Unha nena bonitiña

Unha nena bonitiña
tiña unha boneca moi xeitosiña.
Bañábaa todos os días
e poñíalle diademas moi coloridos.

Polas noites a boneca
tiña moito mediño
e a fermosa nena
deitábaa ao seu ladiño.

Noa (3º Primaria)


["Diadema" é un substantivo masculino, como podes comprobar no DRAG, premendo AQUÍ.]

Unha nena e unha boneca

Unha nena simpática
tiña unha boneca
que era moi maniática
e ían xuntas á biblioteca.

A nena e a súa boneca

tamén saían pasear,
algunha vez ían á discoteca
para poder bailar.

Soraya (3º Primaria)

Un can e un gato

Un can e un gato
sentados nun banco
falando dun estanco.

Un can e un gato
fumando un puro...
e alá vai o banco!

Nevin (3º Primaria)


[Outro perigo do tabaquismo
para engadirlle á listaxe.]

domingo, 26 de abril de 2015

Eu, pola toponimia, MA-TO!

Gabriel (4º ESO) documenta graficamente a falta do artigo nos sinais en dous topónimos da parroquia de Mourelos (O Saviñao), logo de comprobar a forma oficial dos nomes de lugar no nomenclátor da Xunta de Galicia.
Para coñeceres o significado dos vocábulos "mato" e "castro" no DRAG, preme sobre eles.

Xeroglífico 5

Diego e Adrián (4º ESO)

sábado, 25 de abril de 2015

xoves, 23 de abril de 2015

Amor revolto



Quizais sobraban as palabras

dun amor imposible

recollido en anaquiños,

formando enrugas no corazón,

na alma partida,

doída,

que rematou a súa vítima.

         Ángela e Laura (4º ESO)

Erros


Por moito que penses,

é o corazon quen sente.

Abre a mente. Bica, Alma.

Fuxe dos erros, ao oasis,

ao correcto.


Ánxela e Laura (4º ESO)

A muller na casa de pedra

Digo luz de arco iris


Digo luz de arco iris.
Apenas digo nada.
Digo azul e amarelo
tal e como o vexo no ceo.
Digo cores sen sentido,
Cores da agua tras a choiva,
e dos raios deste sol.
Rosa, vermello, laranxa,
verde das follas, clorofila.
Digo algo natural,
adorna o ceo, nubes, sol, estrelas,
lúa, paxaros
e vida no ceo.
Digo luz de arco iris.
Apenas digo nada.
Digo cor sen igual,
alegría para os ollos.
Digo azul, amarelo,
rosa, vermello,
laranxa, verde, morado, ceo,
agua, sol.
Digo luz de arco iris.
Apenas digo nada.
Digo tal e como o vexo no ceo, 
está xa dito todo
con estas palabras.
Para sacar sorrisos ao mundo,
luz de arco iris e basta.

Nerea (4º ESO)

Digo compañeiros e basta


Digo cariño de verdade.
Apenas digo nada.

Digo verdades e esperas
de vida compartida.

Digo nenos na infancia,
patio de esperanzas e futuro,
diversión de nenos e nenas.

Xogos, risas, inocencia,
fáciles de verdade, eternidade.

Digo mañás compartidas,
tardes de confesións, segredos, trasnadas, apertas,
estudos, deberes
e compañía en familia.
Digo familia compartida.

Apenas digo nada.
Digo familia escollida,
amigos de verdade.

Digo medrar, madurar,
cambios, diferenzas,
unión, discusións, consellos, recreos,
axudas e perdóns.
Digo familia que eliximos, compañeiros.

Apenas digo nada.
Digo compañeiros e está xa dito todo
cunha soa palabra.

Para recordarnos a verdadeira amizade,
digo compañeiros e basta.

Yolanda (4º ESO)

martes, 21 de abril de 2015

E a artista gañadora é...

Sara Pérez López
Un deseño moi xeitoso e enxebre, cun animaliño que nos identifica como pobo pacífico e produtivo, que vive e deixa vivir; amante da natureza e orgulloso da aldea (ese lugar onde non se entende o anonimato e onde se fala coa xente).
Unha vaquiña sorrinte e feliz, a abanear o rabo para espantar as moscas que a queren distraer do importante; e cos seus cornos moi ben postos, por se acaso.
Unha vaca rechonchiña co seu puntiño (ou máis), lucindo topete louro para marcar estilo. 
Que vaca tan moderna!

Logotipos para PuntoGalego

Prezad@s lectores e lectoras, xa temos finalistas e gañadora do concurso de "logos" organizado polo Departamento de Educación plástica e visual, que colaborou co noso blog de forma entusiasta en canto llo pedimos. 
Velaquí as finalistas (resultaron ser todas rapazas), escollidas polo propio alumnado de Primaria participante no certame.


Parabéns polo traballo 
e grazas a tod@s @s que colaborades con PuntoGalego!

luns, 20 de abril de 2015

Un animal, outro animal

Antía e Sara seguen propoñéndovos enigmas que debedes resolver... 
Dádelle ás neuronas!


xoves, 16 de abril de 2015

A que sabe o amor, David?

A ventá sen vivenda.
A brisa do ceo.
A flor de amorodo.
A ceo azul.
A plátano de Canarias.
A vida nos planetas.
A cuarto luminoso.
A zume de Granini.
A canción de amor.
A cantiga sen letra.
A conto no faiado.
A can sen pelo.
A verde pradeira. 


David (2º ESO)

mércores, 15 de abril de 2015

A que sabe o amor, Adrián?

A cantigas sen compañía.
A paxaros do monte.
A amores do mundo.
A días de primavera.
A pombas brancas.
A chocolate de cunca.
A xogar nos parques.
A lugares solitarios.
A árbores de portada.
A días de sol.
A ponte no inverno.
A domingos sen traballar.
A noite sen día.
A hora pasada.


Adrián (2º ESO)

A miña mente

Como un libro en branco.
Como un pesadelo.
Como un graffiti.
Como un diamante en bruto.
Como un arco da vella.
Así son eu,
a nena aloucada
que ri de nada,
que chora de noite
e se levanta cun sorriso,
que pon todo patas arriba
como un tornado,
como unha bomba de reloxería
que pode estoupar 
en calquera momento.


Sharleny (2º ESO)

A que sabe o amor, Ana?


A vida sen luz.
A sol do sur.
A arco iris do planeta.
A lúa de noite.
A azucre saboroso.
A felicidade nos sentimentos.
A tempo perdido.
A domingo de descanso.
A sábado de feira.
A día no paraíso.
A domingo sen tarefas.
A arroz sen sal.
A horas pasadas.

                Ana Mª (2º ESO)

Fermosa

Como a estrutura dun pavón.
Como o abrente dun bo día.
Como flores.
Como nubes.
Así eu,
que fuxo das imperfeccións,
a nena colorida
que derrubo
as paredes con coitelos
para aterrar
esas persoas
que tiran
da miña cara,
como unha bolboreta
do fondo
do arco da vella.

Ruth (2º ESO)

Gandeira

Como a pelamia dun carneiro.
Como o día no pasteiro.
Como o sol na sombra.
Como herba seca.
Como bosta.
Así ela,
a que busca os cabalos,
a rapaza tola
que amarra
os becerros coa corda
para cargalos
ese carniceiro
que conduce
desde a corte
como un tolo
ata o matadoiro.


David (2º ESO)

A que sabe o amor, Cristina?

A ventá sen cristaleira.
A friaxe do sur.
A amargor de limón.
A noite de estrelas.
A vaso de laranxada.
A leña no lume.
A día escuro.
A ruído de mar.
A planetas no ceo.
A espiñas no corazón.
A sábados na casa.
A noite sen amencer.
A asteroides sen luz.


                             Cristina (2º ESO)

Frío

Como a soidade da cidade.
Como a cortiza do glaciar.
como a esperanza na piedade.
Como afogar.
Como esvarar.
Así eu,
o que vive no xeo,
o esquimó perdido
que afoga
a súa vida no río
para anunciar
esa perda
que declara
o final
como un guerreiro
derrotado 
polo frío.

Miguel (2º ESO)

A que sabe o amor, Iván?

Iván (2º ESO)

A que sabe o amor, Tania?

A cadro sen parede.

A vento do sur.

A burato da praia.

A raio de luz.

A flor mimosa.

A zume de mazá.

A feridas do corazón.

A mañá escura.

A río de cerca.

A eclipse de sol.

A ferida no brazo.

A venres sen festa.

A noite sen lúa.

A tempo aproveitado.


                  Tania (2º ESO)

A que sabe o amor, Álvaro?

A fiestra sen marco.

A brisa do mar.


A final do planeta.


A olor do cocido.


A beberaxe de amorodos.


A rabuñaduras nos cóbados.


A paisaxe romántica.


A nube de caramelo.


A posta de sol.


A ferida no orgullo.


A día de festa.


A minuto sen segundo.


A raposo sen cola.                       

                                            
                                    Álvaro (2º ESO)

A que sabe o amor, Alejandro?

A mesa sen patas.

A deberes de clase.

A roupa do lixo.

A neve de verán.

A patacas crúas.

A portas de azul.

A pelos na comida.

A noite iluminada.

A río de sal.

A lentes de can.

A venres sen "mates".

A semana sen clase.

A traballo feito.

Alejandro (2º ESO)

A que sabe o amor, Miguel?

martes, 14 de abril de 2015

Reinicio


Como a mirada do pesimismo.
Como o perigo da noite.
Como entenden de máis.
Coma ti.
Coma min.
Así eu,
a que non fixo caso das advertencias,
a rapaza parva
que esqueceu
a casa da que procedía
para reiniciar
a vida
que destruíu
todo o que amaba
coma unha bóla de demolición
que quedará para sempre
no seu triste corazón.



María 
(2º ESO)

Estraño


Como a pelaxe dun can.
Como o día do gandeiro.
Como a estrela do ceo.
Como esmeralda.
Como multitude.
Así eu,
o que chora polas cousas,
o pequeno transparente
que pega
nos ladrillos cos cóbados
para afogar
ese logro
que brota
da cabeza
coma un paxaro
do inicio da luz.

Etham
(2º ESO)

Montañés

Como a pelaxe do xabaril.
Como a tarde de outono.
Como o sol no atardecer.
Como un turbo.
Así eu,
o que escapa das covas,
o rapaz escuro
que mata
as árbores cos machados
para facer leña
que arde
na lareira
como o lume
no corazón
meu.

Rubén (2º ESO)

A que sabe o amor, Sharleny?

A chocolate sen abelás.

A resío da mañá.

A illa do Caribe.

A arco da vella.

A rosas vermellas.

A amorodos con nata.

A beizos mordidos.

A noites sen durmir.

A noites estreladas.

A amenceres na praia.

A bolboretas no estómago.

A minutos que parecen segundos.

A dor sen motivo.



             Sharleny (2º ESO)

A que sabe o amor, Anthony?

Anthony (2º ESO)

A que sabe o amor, Víctor?





A bodega sen viños.

A auga do océano.

A ollos da nena.

A patacas do veciño.

A vacas novas.

A leite de raposa.

A botellas nos vertedoiros.

A auga limpa.

A mans molladas.

A monos do espazo.

A motoserras no carro.

A orellas sen cera.

A touciño sen pan.

A lousas rotas.
Víctor (2º ESO)

O lado escuro

Como a alma do diabo.
Como o día dun vampiro.
Como o sol nunha eclipse.
Como o negro.
Como mouro.
Así ti,
o que vai dunha cor,
o neno opaco
que estraga
os edificios cos dedos
para traer
esa negrura
que ten
na alma
como un negro
da cor
da escuridade.

Carlos (2º ESO)